Cargando datos...

martes, 9 de marzo de 2010

O PP de Melide considera inadmisible que Cea continúe no cargo, tralas sete sentencias por despido improcedente

Tras facerse pública a sentencia en contra do Concello por despido improcedente dunha traballadora da escola infantil, a Portavoz do Partido Popular de Melide, Ánxeles Vázquez, afirmou que esta sentencia ven a confirma-las denuncias realizadas polo PP no mes de novembro, nas que adiantaba a noticia, o que fai ratificar, ademais, “o despotismo e nefasta xestión desta alcaldesa, que se cre que o consistorio é o seu casarío e fai e desfai ó seu antollo”.
Neste senso, a representante popular recorda que por aquel entonces a alcaldesa tachara ó PP de mentir e de enganar ós veciños, polo que lle esixe agora unha rectificación pública, xa que “a única que minte e engana é Cea, como se puxo de manifesto, primeiro, co tema da depuradora do polígono de A Madanela e, agora, con este despido improcedente”. “Se a rexedora fose responsable –continuou- e tivera un pouco de vergoña e de sentido común, o que debería facer era dimitir, porque é inadmisible que os melidenses teñamos que soportar a carga das súas irresponsabilidades”.
No fallo xudicial, dánselle dúas opcións ó Goberno Local: “A que no prazo de cinco días, dende a data de notificación da sentencia, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ó despido, ou ben ó abono dunha indemnización de 1.463,73 euros, ademais de, en ámbolos dous casos, ó abono dos salarios de tramitación dende a data do despido (17 de novembro) ata a notificación desta resolución (26 de febreiro), a razón de 32,62 euros diarios”. Tal e como indica Vázquez, esta é a sétima sentencia que acumula o Concello por despido improcedente, polo que a representante popular critica a actitude da rexedora e pídelle que cese “no seu empeño de saltarse a lei, xa que lle está producindo graves prexuízos ós melidenses ó teren que facerse cargo dos custes que supoñen as malas prácticas da alcaldesa”. Neste senso, a voceira popular indica que estas sete condenas por despido improcedente supoñen para o erario público máis de 60.000 euros, sen contar os gastos derivados dos xuízos. Vázquez cualifica de “escándalo” a situación e lamenta que ese diñeiro, en lugar de investilo en proxectos clave para o municipio, se perda en condenas xudiciais.
Do mesmo xeito, a representante popular informa de que o contrato da traballadora estaba ligado a unha subvención que o Concello recibe cada ano da Xunta de Galicia, pero que, a pesar diso, a rexedora obviou e despediu de todas formas á empregada, incumprindo así o que dictaba o convenio. Un feito que Vázquez considera “intolerable” e polo que, ademais, lle esixe unha explicación ó respecto