Cargando datos...

lunes, 7 de junio de 2010

Segundo datos do Ministerio de Economía e Facenda a débeda viva do concello de Melide creceu de 2008 a 2009 en máis de 1.200.000 €

Con data 31 de decembro de 2009 a débeda do concello de Melide é , segundo o MEH (Ministerio de Economía e Facenda), de 2.515.000 euros. Se temos en conta que, segundo as mesmas fontes, a finais do ano anterior (31/12/2008) chegara aos 1.300.000 €, en tan só un ano a débeda viva nas arcas municipais aumentou a non despreciable cantidade de 1.215.000 euros.
Por todo iso, para o Partido Popular de Melide os datos facilitados polo Ministerio de Economía e Facenda son incuestionables e irrefutables, a pesar de quen pese (a todos os melidenses pésanos). Polo tanto, considera unha tomadura de pelo aos veciños melidenses por parte do goberno bipartito do BNG e PSdeG-PSOE o prentender negar a evidencia.
Neste momento, o máis profano sabe que non é o mesmo a contabilidade, o feito contable, a técnica de análise, rexistro e comprobación, nunha linguaxe cuantitativa e homogéneo, de magnitudes que reflicten unha actividade para conservar memoria dela, expresar a súa evolución e resultados e permitir o seu control. En definitiva, o xeito de producir información en termos cuantitativos acerca dos resultados, custos e estrutura financeira, neste caso da estabilidade orzamentaria do concello, pero non sempre é a realidade económica pasada e presente.
O PP de Melide opina que o concelleiro de Promoción Económica melidense, o nacionalista, Antonio Díaz, cando se refire e anuncia aos catro ventos uns bos resultados na súa xestión económica á fronte do concello de Melide, tal vez só sexa iso, un anuncio para eles mesmos. En palabras do propio Díaz “é a mellor mostra de que o goberno local de Melide está a sacar a este Concello dá penosa situación económica na que se atopaba en 2006”. Con todo, para os populares, como mínimo, isto demostra ás claras o fácil que resulta enganar e desvirtuar a realidade económica municipal actual, botando as culpas a anteriores gobernantes e remontándose a outras lexislaturas que nada teñen que ver co que está ocorrendo agora mesmo. Só fáltalles botar as culpas á oposición que é a que cumpre dignamente o seu papel e pola que o goberno bipartito ten un especial interese en desprestixiar. O que Terían que facer desde o goberno municipal sería pensar máis no presente e futuro, en gobernar agora e non pensando no pasado. Dedicarse a gobernar que é a súa labor porque,en opinión do PP de Melide, o que están facendo seméllase máis a un perfecto desgoberno.

Sen créditos a longo prazo

As medidas en materia económico financeira das entidades locais adoptadas recentemente polo Goberno central fai que os concellos a partir de agora (rectificado logo de ser publicado o decreto, polo que será a partir do próximo ano) non poderán pedir créditos a longo prazo ata 2012. Este feito , segundo o artigo 14 di que:
Un. Decláranse recursos afectados os derivados da aplicación das medidas de redución de custos de persoal nos exercicios 2010 e 2011, que se destinarán, coa orde de preferencia no que están relacionados, ás seguintes finalidades:
a) A sanear o remanente de tesourería derivado da última liquidación, cando este fose negativo.
b) A diminuír o nivel de endebedamento a longo prazo.
c) Ao financiamento de investimentos.
d) Cando non resulten de aplicación os apartados a) ou b), os recursos non aplicados no propio exercicio ao financiamento de investimentos, destinaranse en sucesivos exercicios ás finalidades establecidas nos apartados a), b) e c), co mesmo orde de prelación, ata a súa aplicación total.
Dous. A partir da entrada en vigor da presente norma e ata 31 de decembro de 2011, as entidades locais e as súas entidades dependentes clasificadas no sector Administracións Públicas non poderán acudir ao crédito público ou privado a longo prazo, en calquera das súas modalidades, para o financiamento dos seus investimentos, nin substituír total ou parcialmente operacións preexistentes, fóra daquelas que en termos de valor actual neto resulten beneficiosas para a entidade por diminuír a carga financeira, o prazo de amortización ou ambos.
Tres. As operacións a curto prazo concertadas para cubrir situacións transitorias de financiamento reguladas no artigo 51 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais deberán quedar canceladas a 31 de decembro de cada ano.